Ciclo de Cinema Galego

Ciclo de Cinema Galego

Desde o Centro de Estudos Galegos queremos convidarvos a que participedes na nosa próxima actividade que comezará esta semana: un ciclo de cinema social.

A primeira sesión celebrarase hoxe mércores (quarta-feira), na sala 2.37, ás 17:30h.

O filme que visionaremos será "A lingua das bolboretas" de José Luis Cuerda, baseado nun libro de Manuel Rivas.

Tanto as datas como os títulos dos próximos filmes podedes velos no arquivo anexo. Agardamos vervos e que vos gusten!